A integración na Rede implica un compromiso coa mellora do espazo público como lugar para camiñar, estar e socializar, abordando proxectos para fomentar a camiñabilidade e, en en relación con esta, a mobilidade sostible, a accesibilidade universal, a seguridade viaria, a calidade ambiental urbana e a autonomía infantil.
QUE FACEMOS
A Rede realiza gran cantidade de funcións de apoio aos concellos asociados, que dividimos en catro áreas principais: Aprendizaxe en Rede, Altofalante, Proxectos colectivos e Campañas
Desde difundir os nosos principios como entidade, o que podemos chamar a cultura do camiñar, ata exercer presión en favor de que as cidades poidan chegar a ser espazos públicos con prioridade peonil en calquera dos seus barrios ou centros, sexan da dimensión que sexan. Visibilizar os éxitos e os avances das cidades en materia de mobilidade natural e fomentar en xeral o cambio de óptica que precisamos para mellorar a calidade de vida urbana.
Na nosa sección ACCIÓN podes consultar o tipo de iniciativas que levamos a cabo.
OBJETIVOS

Respaldar, apoiar e asesorar ás cidades asociadas na súa tarefa de aplicar e divulgar os Principios da Rede

Contribuir á difusión didáctica das súas accións, creando un altofalante a nivel estatal, e mesmo, internacional

Establecer sinerxias e intercambiar ferramentas de traballo con outros colectivos e entidades con principios e obxectivos afíns

Fomentar a aprendizaxe e o traballo colaborativo entre cidades da Rede para idear e executar accións ligadas aos seus Principios

Informar sobre eventos, convocatorias e noticias de interese relacionadas coa gobernanza, a mobilidade e o urbanismo sostibles
